viernes, 28 de febrero de 2014

ENTROIDO ESPACIAL

Chegou o día do Entroido. Este ano o tema que escollemos foi  "O espazo". Logo de varios días preparando o noso disfraz de marcianitos, por fin hoxe o estrenamos. Á hora do recreo, as mamás da ANPA obsequiáronnos cunhas riquísimas orellas. Dende o concello tamén nos eviaron freixós, como todos os anos. ESTABA TODO RIQUÍSIMO!!!!
Logo acudimos ao pavillón do centro. Por alí desfilaron estreliñas, marcianitos verdes e vermellos e mesmo un bo grupo de astronautas. Cantamos e bailamos unhas cancións moi divertidas que nos preparou a profe Marita . Poidemos ver  a actuación estelar de "Azúcar Moreno" que prepararon uns nenos de Secundario e despois...A BAILAR!

miércoles, 26 de febrero de 2014

GALICIA: SEGUIMOS APRENDENDO

Nestes libros Lim podedes repasar algunhas das cousas que vimos no cole. Atoparedes tamén novas informacións, que son interesantes e nos axudarán a coñecer mellor a nosa terra. Clicade nas imaxes para aprender  sobre os ríos.




Se agora premedes nestas imaxes atoparedes informacións sobre espazos naturais protexidos que estou segura que xa vos soan de algo. Probade a premer.


   



























E seguimos aprendendo cousiñas da nosa terra. Esto é moito máis divertido que facer exames!!






XOGAMOS CÓS MAPAS

Aquí quedan uns mapas interactivos, nos que podedes revisar os vosos coñecementos sobre o relevo de Galicia, as provincias, os ríos... Seguro que, ademáis , podedes aprender algunhas cousas novas. Clicade na imaxe e... A XOGAR!!!


lunes, 24 de febrero de 2014

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos no  cole o Día de Rosalía. Acudimos á Biblioteca do centro e limos unhas fermosas poesías. Somos uns grandes recitadores!! Ademáis, como estaba a tele local esmerámonos moito.



lunes, 17 de febrero de 2014

MULTIPLICACIÓN E DIVISIÓN

Xa imos avanzando nas divisións, pero como non ns ven nada mal revisar, aquí quedan estes xogos que me pasou a teacher Ángeles, para que sigades practicando.


martes, 4 de febrero de 2014

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

Dende hai uns 14  anos, celébrase este día o 4 de febreiro, co obxectivo de concienciar á sociedade para avanzar na prevención e control desta enfermidade.