martes, 15 de enero de 2013

OS MELLORES MAESTROS

Hoxe contamos na nosa clase cós mellores especialistas en Abellas  de todo o cole: os nenos e nenas de 6º de Infantil e a súa mestra  Ángeles. Trouxeron uns murais preciosos, feitos por eles, e con moita soltura e desenvolvemento, explicáronnos que tipo de animal é a abella, as partes do seu corpo, os tipos de abellas...Quedamos alucinados con tanto como sabían! Tamén nos ensinaron dúas maquetas de colmeas, unha mais antiga e outra mais moderna.Por suposto, encantounos o afumador, que a profe Ángeles nos puxo a funcionar.
Como son moi amables, deixaron todo na nosa clase, para que poidamos disfrutar e compartir os seus traballos durante uns días. Moitísimas, moitísimas grazas!

2 comentarios:

Ángeles. dijo...

Acabamos de ver estas fotos tan bonitas que nos fixestes. Pasámolo moi ben explicando o que sabemos das abellas e damos as gracias por escoitarnos e atendernos tan ben. Poñeremos un enlace para o noso blog. Moitos bicos.

Ana Martínez dijo...

Como xa lle dixen a Ángeles, seguro que foi unha boísima experiencia para as dúas clases. Tedes que repetila máis a miúdo. Unha aperta.