miércoles, 30 de enero de 2013

TODO O COLE FESTEXA A PAZ

Daba gusto ver hoxe o cole. Todos xuntos, Infantil, Primaria e Secundaria, festexando a Paz. Bótanse de menos estas ocasións nas que todos temos algo que compartir. O profe José Mª  debuxou unha estupenda pomba na pista do pavillón e o profe Pedro Puxo a sinalización para que cada curso poidese entrar e colocar sobre esta silueta un taponciño branco ( dos que estamos a recoller nas clases para os nenos/as con enfermidades "difíciles"). Quedou estupenda!! Logo cantamos as cancións que nos ensinou Marita , a profe de música. O alumnado de Secundaria, cantou tamén unha bonita canción en francés. Todos a coro cantamos para pedir que a Paz no mundo sexa unha realidade.

PINTAMOS POLA PAZ

Traballando a Picasso , non podíamos deixar de falar do Guernica. Este cadro gustounos moito, tanto polos debuxos como pola historia que trataba de representar.Chegado o día da Paz, como nos pareceu bastante triste, decidimos darlle cor e ademais compartilo co alumnado de 4º e a súa profe Fina. Entre todos fixemos este mural, que non nos quedou nada mal, non si?


Se queredes saber mais cousas do Guernica, aquí tedes unha páxina interesante, que nos pasou Pilar , da biblioteca. Clicade aquí.


lunes, 28 de enero de 2013

MIRO

Rematados os traballos de Picasso, imos empezar a coñecer algúns datos interesantes doutro importante pintor: Miró. Mirade este pequeno conto e xa me contaredes se vos gusta.

domingo, 27 de enero de 2013

GÚSTANOS PICASSO

Estamos rematando o proxecto de Picasso que fixemos en Plástica, na sección bilingüe. Aprendemos moitas cousas deste gran artista e por suposto fixemos fantásticos debuxos. Aquí tedes unha mostra. Se queredes ver mais ollade o blog que temos na barra da dereita Learning with you.


                                          

PREPARANDO A PAZ

O cole estase preparando para celebrar o Día da Paz. Polos corredores xa se empezan a ver murais, que reflexan o traballo dos nenos e nenas  nestes días. A profe Marita estanos ensinado unhas fermosas cancións para cantar todos xuntos o día 30. En galego cantaremos "No mundo" de Lúar na Lubre. Outra canción que está a ensaiar có alumnado é " Ciudadanos de un lugar llamado mundo". Son chulísimas!!
Na clase de 3ª, como estamos a traballar a Picasso, decidimos facer un Guernica, en colaboración cós nenos e nenas de 4ª. Atopamos os debuxos no blog ACTILUDIS e como nos daba un pouco de pena velo tan escuro, decidimos darlle cor e alegría. Pronto veredes os resultados.
Para que vos vaiades entretendo deixo a canción de Lúar na Lubre e dúas de Macaco, que a min me gustan moito e me parecen moi apropiadas para estas datas.

sábado, 26 de enero de 2013

DÍA DA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Xa sabedes que no noso cole, como en moitos outros, estanse recollendo tapóns de plástico, coa finalidade de axudar a nenos con enfermidades "raras", difíciles. Aquí tedes un vídeo no que se amosa o proceso de reciclaxe deses tapóns. 

martes, 22 de enero de 2013

DIVERTÍMONOS APRENDENDO

Este tema do Universo é moi importante e estanos gustando moito. Estamos aprendendo moitas cousas e, por suposto, tamén ten que haber tempo para a diversión.



E se queredes aprender mais acerca do nacemento do Sistema Solar, podedes clicar na seguinte imaxe.


E se nos imos cós da Nasa, ademáis de aprender, seguro que atoparemos xogos para pasar un bo rato. Clicade na foto e veredes.




lunes, 21 de enero de 2013

VIAXE AO SISTEMA SOLAR

E para recordar e aprender cousas dos planetas, podemos botar unha ollada a este vídeo. Seguro que vos gusta.

FASES DA LÚA

 Como imos traballar a Terra e os planetas, aquí queda un pequeno vídeo explicativo das distintinta fases da Lúa.

O DÍA E A NOITE

martes, 15 de enero de 2013

OS MELLORES MAESTROS

Hoxe contamos na nosa clase cós mellores especialistas en Abellas  de todo o cole: os nenos e nenas de 6º de Infantil e a súa mestra  Ángeles. Trouxeron uns murais preciosos, feitos por eles, e con moita soltura e desenvolvemento, explicáronnos que tipo de animal é a abella, as partes do seu corpo, os tipos de abellas...Quedamos alucinados con tanto como sabían! Tamén nos ensinaron dúas maquetas de colmeas, unha mais antiga e outra mais moderna.Por suposto, encantounos o afumador, que a profe Ángeles nos puxo a funcionar.
Como son moi amables, deixaron todo na nosa clase, para que poidamos disfrutar e compartir os seus traballos durante uns días. Moitísimas, moitísimas grazas!

miércoles, 9 de enero de 2013

A BAILAR, A BAILAR

Non sei se haberá no cole uns nenos e nenas mais "bailaretes" que os de 3º. Os días  en que o tempo non nos permite facer o recreo no patio, quedan na clase e logo... Cando eu chego sempre teñen un baile "sorpresa" preparado. Nesta ocasión, como tíñamos sección biligüe, o baile ía especialmente dirixido a Marian. Estou segura que quedou encantada con estes fantásticos bailaríns. Mirade, mirade!!

martes, 8 de enero de 2013

OS INSECTOS

Xa estamos de volta e hai que poñerse mans á obra. Imos comezar a traballar os animais  invertebrados. Podédesvos entreter con este vídeo dos insectos e seguro que aprenderedes moitas cousiñas.