viernes, 20 de diciembre de 2013

REMATAMOS O TRIMESTRE

Rematamos o trimestre e despedímonos xuntiños preto da nosa árbore de Nadal. Felices Festas a tod@s.

THE SMARTEST GIANT IN TOWN

Hoxe tivemos no cole unha actividade moi bonita para os alumnos de  3º e 4º. Begoña, de Macmillan, trouxonos unha rapaza inglesa, Sarah, que nos contou unha historia en inglés. Titulábase "The smartest giant in town". Utlizaba bastante vocabulario ralacionado coa roupa e os animais, e entendímola bastante ben. Ao final ata a representamos e estivo moi graciosa. Foi unha boa maneira de despedir o trimestre.

jueves, 19 de diciembre de 2013

CHEGOU O DÍA DO FESTIVAL

Hoxe celebramos o Festival de Nadal no Auditorio Alovi. Por alí chegaron os nenos e nenas de Infantil que nos cantaron fermosas cancións e nos ensinaron as súas dotes para o baile. En primaria houbo bailes, músicas, divertidos teatriños... Tamén participou o alumnado de Secundaria que traian ensaiadas varias cancións. Nós, xunto cós alumnos de 3º, fixemos unha pequena obra : " Os gorriños de Papá Noel". Tiñamos que ir pedindo e poñeñndo os gorriños. Cando xa estaban nas nosas cabezas, bailamos o Levan Polka, que nos ensinou Carla, a nova amiga que chegou este ano á nosa clase.



lunes, 16 de diciembre de 2013

REMATAMOS A ÁRBORE DE NADAL

Pois xa rematamos a árbore de3 Nadal. Cada curso decorou libremente  catro triángulos de cartolina verde. Logo xuntámoslos todos e o resultado foi unha árbore preciosa. Hai que ver que imaxinación teñen os nenos e que bonito quedou.!! E ademáis , pasámolo estupendamente traballando en grupo! Esperamos que vos guste.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own slideshow

jueves, 12 de diciembre de 2013

CALENDARIO 2014

Como todos os anos , participamos na elaboración do noso calendario da Aula de Medio Ambiente. Este ano o tema do calendario son os froitas da nosa comarca. a nos tocounos preparar debuxos con cereixas. Puxémonos mans á obra e saíron debuxos moi curiosos. Anxo Pita foi o gañador da nosa clase, e Estela calvo recibiu un accésit. A verdade é que era moi difícil escoller porque había debuxos moi chulos. Despois do traballo de imprenta o resultado é sorprendente, como sempre, e xa todos nos quermos levar o noso calendario para a casa.

PARA IRNOS AMBIENTANDO

Empézase a notar no cole que chega o Nadal. En Infantil fixeron uns banderíns moi chulos e unha fermosa postal para o corcho da entrada. En Primaria estamos rematando de colocar a nosa árbore colaborativa, que está quedando chulísima. Logo poñeremos fotos para que todos as poidades ver. Mentres, para irnos ambientando, imos escoitar unha panxoliña solidaria, cantada por Fofito e Os inhumanos.

sábado, 7 de diciembre de 2013

NELSON MANDELA. O PRESO 466/64

"No puede haber una revelación más intensa del alma de una sociedad que la forma en la que trata a sus niños".


Se queredes saber máis cousas de Mandela tedes aquí unha páxina moi xeitosa, na que ademáis atoparedes moitos recursos para crear contos, poesías... Vale a pena visitala: Palabras Azules

martes, 3 de diciembre de 2013

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Unha amiga miña di que a maior discapacidade é non ter corazón. Seguro que ten razón.




jueves, 28 de noviembre de 2013

CORREMOS NA FRAGA 2013

Este mércores, como ven sendo habitual cada ano, participamos na carreira da Fraga, xunto cós outros coles da localidade. Ata alí fomos os nenos e nenas de 2º a 6º, xuntos cós seus titores e titoras.
 O día estaba frío, frío, e, aínda que os mestres non sacamos a bufanda nin os guantes, os nenos e nenas non se amilanaron e rápidamente se puxeron a facer quentamentos e carreiras para ir pasando o tempo e entrando en calor. 

domingo, 24 de noviembre de 2013

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2013

Na última década, unhas 700 mulleres foron vitimas da violencia de xénero en España. Algunhas desta mulleres procedían do rural, outras eran inmigrantes, pero tamén había entre elas tituladas superiores, estudantes, candidatas de partidos políticos, empresarias....Moitos nenos e nenas padecen a violencia machista que se exerce sobre as súas nais: reciben maltrato físico, quedan orfos...Clica na imaxe e entra na páxina Mulleres en Galicia, da Xunta.



martes, 19 de noviembre de 2013

DEREITOS DOS NENOS E NENAS

 O día 20 de novembro celebramos o Día da Infancia, e aproveitamos para recordar os dereitos dos nenos e nenas.Ollade este vídeo.



 No blog de Ana,  Aulatic, vin este mapa, no que atoparedes contos sobre os dereitos de nenos e nenas, para ver ou para ler. Animádevos a clicar na imaxe.




viernes, 8 de noviembre de 2013

CURSO PIKTOPLUS


Os días 5 e 6 de novembro, estivo no noso cole Jorge García Caballero, impartindo un curso sobre PIKTOPLUS. Ademáis dos mestres interesados, participaron no curso tamén, pais e nais de nenos con diferentes necesidades educativas. A pesar das horas intensas de traballo foi moi interesente , aprendimos moitísimo e resolvimos moitas dúbidas.
Agora tócanos a todos, mestres e familias poñer a andar o aprendido nas nosas tablets, para poder ofrecer a o alumnado que o precisa, sistemas alternativos de comunicación.
Graciñas a os mestres e ás familias por asistir e unha aperta mooi grande a Jorge, que ao día seguinte "recuncou" e veunos facer unha visita ao cole antes de marchar para o País Vasco.
Se queredes máis información deste fantástico programa, clicade na imaxe.


viernes, 1 de noviembre de 2013

CONCURSO DOS FUNGOS 2013

Este ano , como tiñamos que rematar os traballos dos bosques, non fixemos traballo colectivo para o concurso dos fungos, organizado polo concello. Pero ainda así un grupo de nenos e nenas decidiron facer uns traballiños. Un dos grupos, bastante numeroso, presentaron un tableiro titulado Cogumelandia. Como eran moitos, pedíronme permiso para xuntarse na clase unha tarde ( Xa lles explicara a todos que podían vir polas tardes ou ben xuntarse no recreo). Eu pasei por alí e atopeime con nenos, nenas , papás e mamás, colaborando e axudándose. O outro grupo era menos numeroso e fixeron o traballo fóra do cole. Encantoume! Leva por título A Seta Cupido e como veredes nas fotos quedou ben bonito.Ademáis, os dous traballos foron premiados, xunto con outros alumnos do cole. Noraboa a tod@s!!


jueves, 31 de octubre de 2013

BOSQUES SOSTIBLES

Estivemos investigando na clase e na casa acerca dos "bosques sostibles".Como aprendemos moitas cusas, ddecidimos plasmalas nuns murais. Dividimos a clase en tres grupos de cinco alumn@s. Un grupo adicou o seu mural a representar que manciñas nos poden dar as plantas e como nós tamén debemos coidalas. Outro grupo explicounos con fotos e debuxos os agasallos que nos dan as árbores (madeira, papel, osíxeno...) e con que cousas debomos tamén nós agasallar á natureza. O último grupo fixo unha árbore con moitas follas.Cada folliña cóntanos coidados que todos debemos ter en conta se queremos que os nosos bosques sexan sostibles. Eu creo que quedaron ben bonitos!!

miércoles, 9 de octubre de 2013

LEMOS NA BIBLIOTECA

Gústanos ir á biblioteca do cole. Aproveitamos para ler, de forma individual ou en parellas; escoitamos aos compañeiros que nos len poemas; levamos libros en préstamo...Pasamos un bo ratiño entretidos e relaxados.

lunes, 7 de octubre de 2013

VISITAMOS A CASA DO MEL

Este luns fomos visitar a Casa do mel , en Goente. Acompañounos o profe Miguel, e tamén o alumnado de 5º, có seu profe José Mª.Aprendemos moitas cousas sobre as abellas, os produtos que obtemos delas, as colmeas...Aproveitamos para facer unhas velas de cera, e como a nosa profe Loli non puido vir, levámoslle unha fermosa candea con forma de rosa. Foi unha visita estupenda.

domingo, 29 de septiembre de 2013

VOLTA AO COLE

Pois xa levamos uns días no cole e vai sendo hora de que poñamos a andar o noso blog. Este ano recibimos con agarimo a catro alumnos novos: Sergio, Naiara, Diego e Carla López. Benvidos eles e as súas familias ao noso cole. Aproveito para darlle as graciñas ao resto dos alumnos: Iker, Estela, Jesús , María , Manuel, Inés, Juan, Laura, Alex, Anxo e Carla Prieto, polo acolledores que son e o moito que axudan a estes novos neneos a integrarse na clase. Sodes estupendos!!!

jueves, 20 de junio de 2013

DESPEDIMOS A ÁNGELA





Hoxe despedimos a Ángela, que para o vindeiro curso non estará no noso cole. Como non queremos poñernos tristes, as mamás axudáronnos a organizar unha fabulosa festa. Pola tarde, trouxeron uns doces riquísimos e preparamos no forno do cole unhas exquisitas pizzas caseras. Menuda merendola que nos zampamos!!! Tamen nos viñeron a visitar as profes Ángeles e Blanca e algún que outro invitado sorpresa. Demoslle a Angela uns regaliños para que non se esqueza de nós. Sentimos moito que se marche e ímola botar de menos.Biquiños para todos os nenos e nenas e graciñas a estas fantásticas mamás que tanto nos axudan. Un besazo enorme para Ángela.







miércoles, 19 de junio de 2013

IMOS DE EXCURSIÓN

Por fin chegou o día da excursión e neste caso fomos acompañados polos nenos e nenas de cuarto, a súa profe Fina e a Teacher. Pola mañá fixemos un fermoso roteiro pola costa de Dexo-Serantes. Acompañáronnos unha monitoras do CEIDA, que foron moi, moi amables. Ensináronnos os acantilados, a praia da Marola, a diversidade de árbores e plantas que había na zona, como podíamos atopar rastros de animais...Foi un paseo estupendo, e , por riba, ainda que o día non estaba moi bo, non nos choveu nada.
 Logo marchamos ao Muncyt. Descubrir os robots, Mª Luz e Pepe Xan foi todo un espectáculo. Cando viron o "morro" do Jumbo  Lope de Vega quedaron abraiados; pero poder entrar e sentarse dentro...tiñades que ver as súas cariñas. Só por iso xa pagou a pena a viaxe.
Pola tarde, despois de comer, tivemos unha pequena sorpresa coa que non contaban. Entramos no estadio de Riazor e na sala de trofeos. Ben o merecían, porque se portaron moi ben e estiveron moi atentos en todos os sitios.

miércoles, 5 de junio de 2013

ENDESA-EDUCA E O MEDIO AMBIENTE

Hoxe recibimos no cole a Noel, un monitor de Endesa-Educa, que nos veu facer unhas actividades chulísimas.Explicounos que é a enerxía e falounos espacialmente das enerxías renovables: eólica, solar e hidráulica. Tentamos facer funcionar un aeroxenarador, subimos nunha bici e comprobamos a función da dinamo, puxemos a funcionar unha miniturbina, quentamos auga nunha cociña solar... Que forma de aprender  máis divertida!!

martes, 4 de junio de 2013

ROTEIRO ÁS BULIQUEIRAS

Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, os cursos de 2º, 3º e 4º participamos nunha interesante camiñata, organizada pola Aula de Medio Ambiente do Centro e o Departamento de E, Física.
Aproveitamos para aprender cousiñas do pasado da nosa vila. En primeiro lugar, fixemos unha parada nunha das medoñas dos Airíos. Aprendemos que estas construccións eran fogares funerarios, feitas uns 6000 anos antes de Cristo. Parece que a nosa vila era un lugar ben apreciado polos poboadores do Neolítico para facer os seus asentamentos.
Logo iniciamos a camiñata para chegar á fonte das Buliqueiras. Xa tiñamos falado dela e sabíamos que se trataba dunha fonte ferruxinosa, pero... cando probamos a auga quedamos asombrados!! Parecía que estábamos comendo ferro!!. As profes Fina e Loli contaron cousas moi interesantes: 
-Era un lugar tan importante, que xa no ano 1912 se fixo unha estrada para unir As Pontes coa fonte.
-Aquí chegaban xentes de toda a contorna (parroquias veciñas, Ferrol...), a beber estas augas e así curar as anemias e estados de decaemento ( recomendado polos médicos).
-As "augadeiras" levaban botellas de auga para vendela no pobo ás persoas que por ter dificultades non podían chegar ata a fonte.
Mágoa que a autovía fixera estragos tan grandes neste paraxe tan fermoso!Temos que intentar conservar este lugar, mantelo limpo e darlle a importancia que lle corresponde como parte do patrimonio histórico da nosa vila.

lunes, 3 de junio de 2013

VISITAMOS O CONCELLO

Seguindo có noso proxecto da localidade, nesta ocasión visitamos o edificio do Concello, acompañados do alumnado de 4º e a súa profe Fina. Alí tivemos a oportunidade de visitar o salón de plenos (o mesmo que sae na tele!!!, dicían os nenos ), as dependencias da policía municipal, a oficina do rexistro...
No salón de plenos, fomos recibidos polo noso alcalde, Valentín Gónzalez Formoso, que nos explicou como se facían os debates e tomaban as decisións os concelleiros. Fixemos unha parte práctica, na que a alcaldesa Estela tivo que dar os turnos de palabra e debatimos temas importantes: mellora do parque municipal, regulamento para evitar que os cans manchen as estradas, os deberes no cole...Por suposto, a secretaria Carla, tivo que levantar acta de todo o que acontecía e dos resultados das votacións.
Na oficina de rexistro, demoslle entrada a unha serie de cuestións que nos preocupaban e deixamolas alí, esperando que o noso alcalde nos responda a elas.
Os policías explicáronnos en que consistía o seu traballo e foron moi amables contestando ás nosas preguntas.
No edificio do Concello están tamén as oficinas da radio e da tele local. Ainda que non puidemos entrar, o cámara da tele achegouse ao concello para deixar conta da nosa visita.
Por suposto, durante o camiño , aproveitamos para observar diferentes servizos municipais: limpeza, Grumir, xardineiros...
Graciñas a todos por atendernos tan ben.

domingo, 2 de junio de 2013

SEGUIMOS CON VÍDEOS

Parece que os nosos alumnos este ano se animaron a facer vídeos. Para o Certame das Letras Galegas, convocado pola ANPA do centro, prepararon moitas actividades. Aquí quedan dous vídeos. Marita está a escanear o resto dos traballos e espero que pronto os poidades ver.

Este foi o traballo que fixeron Ángela e Jesús. Encantounos.





Manuel e Alex tamén fixeron un traballo moi bonito. Aquí o tedes.

domingo, 26 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS-13

O día 21 de maio, celebramos o noso Festival das Letras Galegas, no Auditorio Alovi. Nesta ocasión participaron os alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria. Foi moi entretido, e houbo un pouco de todo: bailes, teatro, parodias, recitado de poemas...
Nós, xunto cós alumnos de 4º de Primaria, fixemos unha obra de teatro, titulada "Coida a lingua" e un baile que nos preparou a profe Marita, "O parampampero", de Mamá Cabra. Quedan aquí os vídeos para que vexades que ben o facemos.







lunes, 20 de mayo de 2013

CONCURSO DE RECICLADO-2013

Este ano, para o concurso de reciclado que convoca a Aula de Medio Ambiente, traballamos un montón.

  • Fixemos uns monstros  con madeiras e pinzas , para suxeitar papeis, panos. Como nos gustaron moito, ademais de facer dous colectivos,cada neno/a fixo un máis pequeniño, para levar para a casa.
  • Como tiñamos moitas culleriñas de xeado, de moitas cores, utililzámolas para facerlle un marco a un espello, que quedou moi chulo.
  • Logo, en colaboración có alumnado de 4º, fixemos un fantástico mural de Amiña, a nosa tartaruga, mascota da Aula de Medio Ambiente. Utilizamos tapóns de plástico de diferentes cores. Quedou espectacular.
  • E, por suposto, como nesta clase hai nenos e nenas moi traballadores, houbo quen se animou a facer na casa traballos individuais, que quedaron ben bonitos.
Non sei se este ano gañaremos algún premio, porque hai traballos preciosos. Pero pasamos uns ratos moi entretidos, tamén con Marian, facendo estes traballiños.


A NOSA VILA

Imos aprender cousas acerca da nosa vila. Seguro que moitas as coñecemos, pero outras vannos sorprender. Podemos ir buscando información nas páxinas seguintes.

Se clicades na imaxe, poderedes entrar na web do noso concello.


Aquí tamén podedes atopar noticias e información de As Pontes e do noso lago.




Dentro da páxina anterior, tedes esta , en particular, enfocada ao turismo. Mirade que paisaxes máis fermosos podedes atopar na nosa contorna.


E aquí queda este fantástico vídeo, para rematar esta mostra da nosa vila.


sábado, 18 de mayo de 2013

O VÍDEO DE ESTELA, INÉS E ANXO

Como sabemos que tedes moitas gañas de ver os vídeos dos premiados no Certame de As Boliqueiras, aquí vai o primeiro. Mirade que artistas!!

martes, 14 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS - 2013

Este ano, o Día das Letras Galegas está adicado a Roberto Vidal Bolaño. Podemos aprender cousas sobre el, consultando estos recursos.
No Seminario Galán sempre preparan material interesante. Clicade na imaxe para velo.


No blog de Ana, Aula Tic podedes atopar un montón de recursos, como este Brincaletras, do espazo Abalar, que me pareceu moi simpático.



No blog do Departamento de Orientación do CEIP Conde de Fenosa, teñen recopilados unha grande cantidade de recursos para traballar as nosas letras. Clicade na imaxe e veredes.






viernes, 10 de mayo de 2013

CERTAME LITERARIO "AS BOLIQUEIRAS"-2013. ARRASAMOS!!!

Pola mañá recibimos unha estupenda noticia. Como todos os anos participamos no certame "As Boliqueiras", no noso concello. E este ano ía adicado ao teatro e, como somos moi teatreiros...ARRASAMOS!!!. Na nosa categoría, 2º Ciclo, levamos todos os premios:

3º Premio: Para Manuel, Alex, Jesús e Juan,polo seu traballo " O cabaleiro e o tesouro perdido".
2º Premio: Para María, Carla e Ángela, polo seu traballo "As fadas de azucre".
1º Premio: Para Inés, Estela e Anxo, que grabaron unha preciosa historia de títeres e nos fixeron ir rumbo a París. Este premio foi compartido cuns nenos do cole Santa María, que tamén fixeron un fantástico traballo.
Dámoslle as graciñas á profe Marita, que tanto traballou con eles e as familias que tan activamente colaboraron na organización e elaboración das grabacións.
Felicitamos dende aquí tamén aos nenos de 5 anos e á súa profe Angeles, que acadaron o segundo premio na na súa categoría. Parabéns tamén ao alumnado de 4 anos e á súa profe Oliva, que gañaron o primeiro premio de E. Infantil. Espléndidos os traballos que fixeron. Non podían ser máis lindos.

Estupendo tamén o traballo dos nenos de 2º de E. Primaria, que obtiveron o 2º premio na súa categoría ( 1º Ciclo). Un traballo chulísimo!!.Noraboa a todos e á súa profe Berta.
E para os nenos e nenas que non obtiveron premio, que non se desanimen. Todos os traballos eran moi bonitos e seguro que a próxima vez terán máis sorte. Animo a todos e a seguir "Teatrando".





martes, 30 de abril de 2013

PLANTAMOS NO INVERNADOIRO

Coa axuda de José Antonio, o noso conserxe, fomos ata o invernadoiro para plantar porros. Foi moi doado, porque xa tiñamos os buratiños feitos. Agora a esperar a que medren!

miércoles, 24 de abril de 2013

CHARLA SOBRE AS ABELLAS

Hoxe, a mestra de 4º e os seus alumnos, invitáronnos a unha charliña sobre as abellas. Uns papás moi amables, moi coñecedores da apicultura, contáronnos cousas moi interesantes. Trouxéronnos unha abellas reais, e poidemos ver moi ben as súas partes; tamén nos ensinaron unha roda moi grande de cera, un panal, o traxe do apicultor...Pasamos unha hora estupenda e aprendemos moito. Graciñas a todos.