martes, 19 de junio de 2012

OS MELLORES ARTISTAS

Non podíamos rematar o curso sen concederlles aos nenos e nenas de 2º un diploma e medalla de ouro, xa que son os mellores artistas olímpicos. Noraboa!!

miércoles, 13 de junio de 2012

WENLOCK AND MANDEVILLE

Outra sesión máis de Plástica e seguimos aprendendo cousiñas das Olimpiadas. Aprendemos que hai cancións olímpicas, moitos paises participantes, con diferentes bandeiras, un montonazo de deportes...Coloreamos as mascotas Wenlock e Mandeville e deixamos voar a nosa imaxinación. Uns nenos preferiron colorealos como os vimos no video e nas fotos, pero outros escolleron facerlles novos e orixinais diseños. Como  o fixeron "very good", todos eles gañaron unhas medallas que decoraron con moita maña.

martes, 12 de junio de 2012

MOLAN AS OLIMPIADAS

Pois xa buscamos moita información sobre as Olimpiadas. Todos trouxemos algunhas informacións semellantes e , tamén, moitas diferentes. Todas elas fan que , uns con outros , aprendamos moito. A todos nos encanta contar o que sabemos e que os demáis nos escoiten con atención.
Estivemos observando os aros olímpicos, falando do seu significado, das súas cores. Como nos pareceu interesante, na clase de Plástica fixemos os nosos aros.
Quedounos un ratiño para ver as aventuras de Wenlock e Mandeville, as mascotas e seguro que o próximo día nos animamos a decoralas.

viernes, 8 de junio de 2012

CHEGOU O DÍA DA EXCURSIÓN

Hoxe fomos de excursión. Logo de chegar ao cole marchamos en autobús cara Arateixo. Alí esperábanos Alvaro, para ensinarnos a rotativa da Voz de Galicia. Amosounos algún estudio de V Televisión, como se facían os xornais, os enormes rolos de papel....Foi unha hora que se nos pasou voando. O noso seguinte destino foi a estación de trens da Coruña. Despois de xantar alí , moi acomodadiños, collimos o tren que nos levou a Betanzos. Menuda aventura!! Algúns rapaces queixábanse  de que o tren non ía moi rápido. (Pensarían que iamos no AVE).
O último tramo da xornada, pasámolo no Pasatempo, un fermoso, ainda  que algo descuidado, parque, con grutas, labirintos...E, como o tempo nos acompañou, rematamos cun riquísimo xeado.

lunes, 4 de junio de 2012

LONDON 2012

Pinchade na imaxe e atoparedes xogos, debuxos, vídeos e outras cousiñas interesantes sobre os xogos olímpicos.


MASCOTAS OLÍMPICAS

Como xa empezamos a buscar información sobre as olimpiadas, aquí vos queda un pequeno vídeo sobre como xurdiron as mascotas olímpicas Wenlock e Mandeville. Wenlock é un boneco de metal con liñas laranxas e Mandeville é tamén de metal, pero con liñas azuis e fucsias. Camiñan sobre un arco da vella e, según a historia que conta o vídeo, foron creados por un dos constructores do estadio olímpico que, logo de xubilarse, decide facerlles uns bonecos aos seus netos. 

BAÑAL-ROTEIRO


O pasado día 24 de maio, para conmemorar o Día Europeo dos Bosques,  a Aula de Medio Ambiente do cole organizou unha saída ao Bañal. Alí , ademáis de botar abono aos buxos que xa plantáramos o ano pasado, e de regalos, pasamos un rato moi entretido merendando e xogando. Podedes mirar aquí algunha das fotos que fixemos.

Logo, o día 29, fomos facer un roteiro pola beira do río Eume, dende a área recreativa do Caneiro. Os alumnos de 1º e 2º fixeron un tramo duns tres kilómetros. Os maiores de 3º e 4º, xunto con Alex de 2º e un grupo de "ousados " mestres continuamos ata a Vacariza ( uns 6 kilómetros).Temos que dar ás grazas aos membros do clube de senderismo e montañosmo que nos orientaron e acompañaron todo o camiño.Se queredes ver máis fotos destas actividades visitade o blog da  A.M.A.